E despois de case dous meses de intenso traballo nos nosos disfraces, chegou o gran día da súa estrea. O tempo acompañounos ao igual que os nosos pais e familiares que fixeron con nós todo o percorrido axundando á profe Cris, por iso ela vos dá as GRACIAS.
Polas rúas de Ortigueira había moita xente que quixo disfrutar con nós dunha mañá de entroido chea de cores, música e caramelos que nos repartiron na praza de Isabel II. Os pequerrechos da Galescola, os rapaces e rapazas de Aspromor e os avós da Residencia de Anciáns, tamén formaron parte da comitiva carnavaleira.
Deixámosvos algunhas fotos, aínda que iremos poñendo máis.
lunes, 23 de febrero de 2009
martes, 17 de febrero de 2009
O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ
Un ano máis xa nos estamos preparando para o Entroido e para ir entrando en materia o noso Meco vainos dando diferentes ordes cada día, así ata o venres que será cando poñamos os nosos disfraces elaborados con esmero para a ocasión e tamén para ensinarllos a todo o mundo polas rúas de Ortigueira.
De momento o Meco deunos dúas ordes: poñer zapatos distintos e poñer do revés a chaqueta ou o xersei.
Nós facémoslle caso ao Meco e para mostra aquí vos deixamos estas fotos. Mirade que guapos estamos cos zapatos diferentes e co mandilón do revés. E como non, a nosa mestra Cris é a primeira, porque ela é unha verdadeira entroideira. Ata nos está ensinando a canción de Carnaval, Carnaval.
jueves, 12 de febrero de 2009
BENVID@S AO BLOG DOS NEN@S DE 3 ANOS B
Ola a tod@s! Dámosvos a benvida ao blog da nosa aula. Nel irémosvos contando todo aquelo que imos facendo na escola: traballos, saídas, experiencias, aventuras... O que pretendemos é facervos partícipes a tod@s do noso gran reto, que non é outro que MEDRAR APRENDENDO.
Agradeceremos os vosos comentarios así como as vosas opinións e aportacións. Pouco a pouco iremos enchendo este espazo internauta para que disfrutedes das nosas cousas ao igual que nós disfrutamos con elas.
Esperamos que vos guste!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)