jueves, 2 de julio de 2009

CHEGOU O MOMENTO

Creo que agora si chegou o momento de dicir adeus. Estiven deixando pasar o tempo porque, se son sincera, non quería enfrentarme a este momento pero o curso rematou e con el remata tamén este blogue. Blogue que comezou sen saber moi ben o que ía resultar pero penso que foi unha idea fantástica e a través del compartimos familia-nenos/as-mestra un montón de vivencias e experiencias.
Douvos as grazas por seguilo día a día, polos vosos comentarios e polos vosos ánimos. Sen vós, pais e nais, non sería posible. GRAZAS.
GRAZAS tamén a vós, os meus peques que tanto me destes sen darvos conta. GRAZAS polos vosos bicos e apertas desinterasados, polos vosos sorrisos, pola vosa inocencia... Non cambiedes nunca. GRAZAS.
E non poido tampouco esquecer aos meus compañeiros. Cada un, á súa maneira, foime dando o mellor de si. GRAZAS polo voso apoio incondicional, pola vosa axuda, pola vosa experiencia e sobre todo polo voso compañeirismo e amizade. GRAZAS Mª DEL MAR, SUSI, BASI, ANA, ROCIO E MAR. GRAZAS DE TODO CORAZÓN.
Marcho de Ortigueira pero podedes estar seguros que todos e cada un de vós ocupades un pedaciño do meu corazón.
Sorte a todos e ata vernos.
Bicos da profe Cris.

2 comentarios:

  1. Grazas por a túa benvida, por resolver dudas, por aportar ideas, por saber escoitar a tod@s...grazas por deixarme coñecerte esTes meses...grazas polos cafés e as charlas... MOITOS BICOS E BO VERÁN!! E SABES QUE UN ANACO DE CRIS QUEDA EN ORTIGUEIRA.

    ResponderEliminar
  2. Hola Cris, non me poido crer que esté escribindo o meu ultimo comentario neste blog que tantos meses nos acompañou e tantas alegrias nos deu. Con este comentario despido o blog, pero NUNCA a ti, sempre serás a nosa "profe Cris", a nosa PRIMEIRA PROFE, a que nos enseñou a primeira letra, o primeiro numero, e tantas, tantas cousas mais........iso nunca se olvida. Non digo adeus, digo ATA SEMPRE. Sempre nos terás aqui!. Un biquiño moi grande. GRAZAS POR TODO........

    ResponderEliminar