O pasado xoves, e despois de tanto oir falar del, por fin poidemos ver en persoa a Verderolo. Durante este curso os nosos compañeiros e compañeiras de 5 anos descubriron o Universo coa axuda dun ser extraterrestre chamado Verderolo, o cal xa visitara o noso cole nunha primeira ocasión pero nós non o víramos.
Pero o xoves Verderolo quixo coñecernos a tod@s e aproveitou para falarnos da importancia de non malgastar a auga, un recurso tan necesario nas nosas vidas, así como efectos negativos que produce o tabaco para a saúde.
Os nenos e nenas de tres anos atrevímonos a facerlle algunhas preguntas e así aprendimos que Verderolo viaxe nunha nave espacial desde o seu planeta de orixe, Catón.
Tod@s atendimos con expectación ás explicacións de Verderolo e máis dun non podía deixar de abrir os ollos e a boca do impresionado que estaba.
As fotos falan por si soas.



Impresionantes esas cariñas!!! A min chegoume á casa un "prohibido fumar" que me dixo Ismael que lle dera iso Verderolo para min. A ver se é verdade que me axuda........jeje.
ResponderSuprimir