lunes, 22 de junio de 2009

ULTIMO DIA DE COLE

Hoxe si que foi o último día. Hoxe si que nos iamos despedir de verdade pero non para sempre.
E por ser hoxe o último día, tiñamos unha xornada chea de sorpresas. Comezamos a mañá cun concerto que nos ofreceu a Escola Municipal de Música, sendo protagonistas algúns dos nosos compañeiros/as de Infantil. Gustounos moito ademais de aprender o nome de algún instrumento que non coñecíamos.
Xa de volta ao cole tiñamos unha SOPRESA. Si, si, unha Sorpresa: os nosos mestres de Infantil tíñannos preparada unha representación teatral, nin máis nin menos que O Coelliño Branco escenificado polos nosos profes. Foi moi gracioso velos a todos metidos no seu papel e vestidos de Coelliño Branco, Can, Boi, Galo, Cabra Cabresa, Formiga Rabiga e un simpático narrador. A todos dámoslles as GRAZAS.
Despois do teatriño a xogar ao patio. Ao final a profe Cris deunos un video que nos preparou con esmero e cariño e no cal recordaba algunha das moitas cousas que fixemos ao longo do curso a través de fotos.
A verdade é que a cousa non puido ser mellor para rematar o curso. Agora vacacións e a descansar que en Setembro hai que volver con gañas de seguir aprendendo.
BO VERÁN A TODOS E TODAS!!!



1 comentario:

  1. Que profes máis guays temos!!! Que sorte tiveron os nosos pequerrechos de tocarlles os mellores!!!
    Encima o coelliño branco que nos falaron del todo o curso....Noraboa por esa iniciativa.
    Con respecto ó cd que nos regalou a Profe Cris....... sen palabras......... é súper emocionante, incrible que xa pasara todo un curso con un montón de cousas vividas que non se nos iba olvidar nunca grazas a esta ventaniña que nos abreu a principios de curso para ver todo o que se facía no cole, e agora con este cd xa queda INMORTALIZADO de verdade. NUNCA TE VAMOS OLVIDAR CRIS. Moitísima sorte na túa nova andanza. E de novo... GRAZAS POR TODO.

    ResponderEliminar