domingo, 21 de junio de 2009

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O pasado xoves, tal e como estaba previsto, celebrouse no Teatro de Beneficiencia de Ortigueira o Festival de Fin de Curso. Educación Infantil e 1º ciclo de Educ. Primaria actuaron nun primeiro turno mentres que os alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º fixérono nun segundo turno. Ás 10:30 chegabamos ao teatro para dar comezo a gran actuación. Os primeiros en actuar fomos nós, por ser os máis pequenos. Ataviados cunhas "chulas" camisetas subímonos ao escenario e bailamos mellor que nunca o noso "Popurri das mans". Aplaudíronnos moitísimo porque a verdade é que o fixemos moi pero que moi ben. Despois de nós tocoulles aos compañeiros/as de 4 anos que con moita marcha e cunhas gorras de cores bailaron o Hocky Pocky. A continuación subiron ao escenario os nenos e nenas de 5 anos. Eles prepararon un baile moi moderno para unha canción en lingua inglesa que se titulaba "These boots are made for walking" que quere dicir algo así como "Estas botas están feitas para camiñaar". Fixérono moi ben aínda que algún despistouse un pouco, jejejjeje. Tamén bailaron coa profe de música, Gloria, a canción "Soy una taza". E con esto rematou o turno de Educación Infantil pero aínda quedaban as actuacións de 1º e 2º. "El arca de Noé" ou "Tengo una vaca lechera" foron algunhas das cancións que bailaron os nenos e nenas de 1º. Os rapaces e rapazas de 2º sorprendéronnos cuns recitados e cun fermoso baile ao son da tan actual canción "Colgado en tus manos" interpretada por Carlos Baute e Marta Sánchez. Finalizada a nosa parte voltamos ao colexio. Agora era o turno dos maiores, non puidemos velos pero contáronnos que houbo moitos bailes, teatro... Coma sempre podedes ver as fotos do evento facendo clic aquí e ademais deixámosvos un video da nosa actuación para que comprobedes cos vosos propios ollos o ben que o fixemos.

3 comentarios:

  1. Ahí están os nosos pequerrechos!!!!! Foron os mellores!!!! Gracias por colgar o video, eu fun a velos tan enferma que non me vin capaz nin de quitar fotos nin de grabalos e facíame moitisima ilusión velos. Moitas grazas!!!!

    ResponderEliminar
  2. Moitas felicidades para os nosos nenos e as suas mestras porque coincido con Ana en que foron os mellores, aínda que todos o fixeron moi ben. Vaia despedida, xa non poido continuar , estou moi emocionada e só poido decir GRACIAS.

    ResponderEliminar
  3. Hola a tod@s, xa sei que é algo tarde, pero bueno. Simplemente queria felicitar os nosos nenos e nenas polo ben que o fixeron, e darllelas gracias os profes por toda a paciencia que tiveron para ensinarlles todo canto lles ensinaron. MOITISIMAS GRAZAS.

    ResponderEliminar