
A verdade é que neste final de curso non paramos e cada día temos algunha actividade. O venres rematamos a semana cunha Festa Italiana que contou coa presencia de Marco delle Monache, un coñecido acordeonista de Roma. Marco sorprendeunos tocándonos co acordeón a canción que temos preparada para o Festival de Fin de Curso e nós correspondímoslle bailándoa. Tamén os nenos e nenas de catro anos bailaron ao son do acordeón, ata se atreveron cunha Muiñeira. Pero a actuación estelar foi a dos compañeiros de 5 anos que tiñan preparada unha Tarantela, baile típico de Italia, en homenaxe a Marco.
Despois de tanto baile tocou comer. Os nosos profes tíñannos preparados diferentes tipos de pasta así como de queixos italianos xunto con algún dos nosos queixos galegos e de algún chourizo. Que rico estaba todo!!!
Pinchade aquí e veredes o ben que o pasamos.



Que envidia nos dades con estas festorras que vos montades!!!! Incrible o que disfrutan e aprenden os nosos pequerrechos na vosa compañía. Unha vez mais agradecerche Cris o esforzo de transmitirnos as vivencias no cole dos nosos fillos, son moi consciente do traballo e adicación que significa para ti facer posible este blogue, e todo gracias a esas horas que quitas do teu tempo para facelo posible. Por todo isto e por un sinfín de cousas que serían innumerables non vai ser facil chegar ó nivel que deixas marcado. GRAZAS POR TODO CRIS, CANTO TE VAMOS BOTAR DE MENOS!!!!!! UN BICO ENORME.
ResponderSuprimir