lunes, 22 de junio de 2009

ULTIMO DIA DE COLE

Hoxe si que foi o último día. Hoxe si que nos iamos despedir de verdade pero non para sempre.
E por ser hoxe o último día, tiñamos unha xornada chea de sorpresas. Comezamos a mañá cun concerto que nos ofreceu a Escola Municipal de Música, sendo protagonistas algúns dos nosos compañeiros/as de Infantil. Gustounos moito ademais de aprender o nome de algún instrumento que non coñecíamos.
Xa de volta ao cole tiñamos unha SOPRESA. Si, si, unha Sorpresa: os nosos mestres de Infantil tíñannos preparada unha representación teatral, nin máis nin menos que O Coelliño Branco escenificado polos nosos profes. Foi moi gracioso velos a todos metidos no seu papel e vestidos de Coelliño Branco, Can, Boi, Galo, Cabra Cabresa, Formiga Rabiga e un simpático narrador. A todos dámoslles as GRAZAS.
Despois do teatriño a xogar ao patio. Ao final a profe Cris deunos un video que nos preparou con esmero e cariño e no cal recordaba algunha das moitas cousas que fixemos ao longo do curso a través de fotos.
A verdade é que a cousa non puido ser mellor para rematar o curso. Agora vacacións e a descansar que en Setembro hai que volver con gañas de seguir aprendendo.
BO VERÁN A TODOS E TODAS!!!



domingo, 21 de junio de 2009

UN NOVO BLOGUE

Que agradable sorpresa me levei con este novo blogue creado pola mamá de Ismael. Podedes visitalo en http://anamourente.blogspot.com.

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O pasado xoves, tal e como estaba previsto, celebrouse no Teatro de Beneficiencia de Ortigueira o Festival de Fin de Curso. Educación Infantil e 1º ciclo de Educ. Primaria actuaron nun primeiro turno mentres que os alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º fixérono nun segundo turno. Ás 10:30 chegabamos ao teatro para dar comezo a gran actuación. Os primeiros en actuar fomos nós, por ser os máis pequenos. Ataviados cunhas "chulas" camisetas subímonos ao escenario e bailamos mellor que nunca o noso "Popurri das mans". Aplaudíronnos moitísimo porque a verdade é que o fixemos moi pero que moi ben. Despois de nós tocoulles aos compañeiros/as de 4 anos que con moita marcha e cunhas gorras de cores bailaron o Hocky Pocky. A continuación subiron ao escenario os nenos e nenas de 5 anos. Eles prepararon un baile moi moderno para unha canción en lingua inglesa que se titulaba "These boots are made for walking" que quere dicir algo así como "Estas botas están feitas para camiñaar". Fixérono moi ben aínda que algún despistouse un pouco, jejejjeje. Tamén bailaron coa profe de música, Gloria, a canción "Soy una taza". E con esto rematou o turno de Educación Infantil pero aínda quedaban as actuacións de 1º e 2º. "El arca de Noé" ou "Tengo una vaca lechera" foron algunhas das cancións que bailaron os nenos e nenas de 1º. Os rapaces e rapazas de 2º sorprendéronnos cuns recitados e cun fermoso baile ao son da tan actual canción "Colgado en tus manos" interpretada por Carlos Baute e Marta Sánchez. Finalizada a nosa parte voltamos ao colexio. Agora era o turno dos maiores, non puidemos velos pero contáronnos que houbo moitos bailes, teatro... Coma sempre podedes ver as fotos do evento facendo clic aquí e ademais deixámosvos un video da nosa actuación para que comprobedes cos vosos propios ollos o ben que o fixemos.

jueves, 18 de junio de 2009

FELIZ CUMPREANOS HELENA, ALEX MARTÍNEZ E TONI!!!

Onte a profe sorprendeunos cun biscoito para celebrar os aniversarios dos nenos que cumpren anos durante o verán e que son Helena, Alejandro Martínez e Toni. Foi moi gracioso velos aos tres soprando as candeas e coma sempre finalizamos cantando o tan coñecido "Cumpreanos Feliz"
Pero a sorpresa non quedaba aí, a profe tamén soprou as candeas xa que nos dixo que o seu cumpre é en Agosto.
Así que Felicidades aos catro por adiantado.


sábado, 13 de junio de 2009

FESTA ITALIANA



A verdade é que neste final de curso non paramos e cada día temos algunha actividade. O venres rematamos a semana cunha Festa Italiana que contou coa presencia de Marco delle Monache, un coñecido acordeonista de Roma. Marco sorprendeunos tocándonos co acordeón a canción que temos preparada para o Festival de Fin de Curso e nós correspondímoslle bailándoa. Tamén os nenos e nenas de catro anos bailaron ao son do acordeón, ata se atreveron cunha Muiñeira. Pero a actuación estelar foi a dos compañeiros de 5 anos que tiñan preparada unha Tarantela, baile típico de Italia, en homenaxe a Marco.
Despois de tanto baile tocou comer. Os nosos profes tíñannos preparados diferentes tipos de pasta así como de queixos italianos xunto con algún dos nosos queixos galegos e de algún chourizo. Que rico estaba todo!!!
Pinchade aquí e veredes o ben que o pasamos.

PARABÉNS MANUEL


O venres e un día antes da data oficial, Manuel celebrou o seu aniversario cos seus compañeir@s. E para celebralo con todas as da lei houbo biscoito(riquísimo por certo), coroa, candeas e a entoación do Cumpreanos Feliz.
A vindeira semana imos a ter un cumpreanos múltiple xa que a profe prometeunos celebrar os aniversarios de aqueles nenos e nenas que cumpren os anos durante o verán. Pero ademais tamén imos celebrar o cumpre da profe, que é en Agosto, pero non digades nada que ela non o sabe...

NENOS E NENAS DA GALESCOLA

Tamén o xoves nos visitaron os nenos e nenas da Galescola que o vindeiro curso 09/10 virán por primeira vez ao "cole dos maiores" como din eles.
Pasámolo moi ben todos xuntos ensinándolles as súas futuras aulas e o patio. E eles amosáronse moi contentos de estar no noso cole e case parecía que estiveran nel toda a vida.
Como xa fixeran o ano pasado, trouxéronnos un agasallo: uns murais realizados por eles mesmos coa axuda das súas profes.
Desde aquí queremos agradecerlles a súa visita e esperamos que se repita durante moito tempo.

VISITA DE VERDEROLO



O pasado xoves, e despois de tanto oir falar del, por fin poidemos ver en persoa a Verderolo. Durante este curso os nosos compañeiros e compañeiras de 5 anos descubriron o Universo coa axuda dun ser extraterrestre chamado Verderolo, o cal xa visitara o noso cole nunha primeira ocasión pero nós non o víramos.
Pero o xoves Verderolo quixo coñecernos a tod@s e aproveitou para falarnos da importancia de non malgastar a auga, un recurso tan necesario nas nosas vidas, así como efectos negativos que produce o tabaco para a saúde.
Os nenos e nenas de tres anos atrevímonos a facerlle algunhas preguntas e así aprendimos que Verderolo viaxe nunha nave espacial desde o seu planeta de orixe, Catón.
Tod@s atendimos con expectación ás explicacións de Verderolo e máis dun non podía deixar de abrir os ollos e a boca do impresionado que estaba.
As fotos falan por si soas.

miércoles, 10 de junio de 2009

CARTA DE CHUS DOVALE

Onte recibín no meu correo electrónico unha carta. A persoa remitente, Chus Dovale nai de Paula, pedíame que a publicase no noso blogue. Desta maneira transmito as verbas de Chus e desde aquí doulle MIL GRAZAS.

Esta carta está dirigida a la maestra de mi hija Paula y autora de este blog, se llama Cristina, aunque le decimos cariñosamente "Cris".

Parece que fue ayer cuando nos reunimos los padres por primera vez con ella al comienzo de esta nueva etapa y ahora faltan pocos días para terminarse el curso. El inicio fue bastante duro para mi, pues tienes que dejar en el colegio parte de tu propia vida, lo que más se quiere en el mundo y las dudas eran muchas: ¿serán cariñosos con ellos?, ¿como les enseñarán?, pero las respuestas no tardaron en llegar al ver la cara de mi hija todos los días a la hora de entrar en el cole y al comprobar día a día todo lo que iba aprendiendo: a contar, las letras del abecedario, escribir su nombre, los días de la semana, así como también normas de comportamiento y educación. Este es el legado que les deja su profe "Cris", a la que echaremos de menos pero al mismo tiempo nos alegramos por quienes el año que viene tengan la suerte de tenerla como profe.

Gracias Cristina, simplemente con estas palabras quería agradecerte todas las horas de dedicación, paciencia y cariño que tuviste para tus alumnos que siempre te recordarán con mucho cariño.

Te deseo mucha suerte y siempre recordaremos a la profe "Cris".


Supoño que con esta carta vos daredes conta que o ano que ven xa non estarei en Ortigueira. O meu vindeiro destino é Mondoñedo e non poido negar que é algo desexado por min xa que con este destino acércome á miña casa. Pero tamén sería inxusto negar que me vou de Ortigueira con moita tristura.

Pero o curso aínda non se acabou, faráoo o día 22 de Xuño, e ata esa data non quero despedidas nin bágoas que aínda nos queda máis dunha semana de moito traballo. O resto chegará no seu momento.

De tódolos xeitos si vos poido dar as grazas a todos e todas, pais e nais, nenos e nenas. GRAZAS.

E tamén Grazas a ti Chus por esta carta tan emotiva. Verbas como as túas fanme pensar que, a pesar de cometer moitos erros, realizo o meu traballo o mellor que poido. Grazas outra vez.