Como xa sabedes tod@s, hoxe celebramos Os Maios. Dita celebración nace o curso pasado a iniciativa do Asilo de Anciáns de Ortigueira pretendendo que a festa servise de unión interxeracional. Deste xeito celebrouse o I Encontro participando nel os pequerrechos da Galescola, os avós e avoas do Asilo, os rapaces de Aspromor, algún que outro alumno/a do Instituto e por suposto, os nenos e nenas do CEIP José Mª Lage.
Este ano volvimos ás andadas. Fai uns días que preparamos a festa. Estivemos preparando unhas flores moi bonitas que despois as deixamos quedar na baranda da Praza de Isabel II, que foi onde tiveron lugar Os Maios. Tamén recollimos pétalos de flores para poder elaborar unha fermosa alfombra.
A xornada estivo repleta de xogos, música e moi bo ambiente podendo tod@s disfrutar dun soleado día na nosa vila.
Os nosos mestres leváronnos as merendas e tiñánnos preparada unha sorpresa: iamos ir a merendar ao parque e despois poidemos disfrutar dun momento de lecer nos xogos que hai nos Xardíns do Malecón.
Voltamos ao cole moi cansos pero moi contentos e satisfeitos de ter participado por primeira vez(pero non última)na festa dos Maios.
Deixámosvos unhas instantáneas para que vexades cos vosos propios ollos todo o que aconteceu e ademáis podedes velas mellor facendo clic aquí.
P.D.: Xa nos esquecíamos dunha cousa: Tamén nos deron uns ricos caramelos!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)





Quería felicitar o Asilo de anciáns pola súa iniciativa maravillosa, que eu descoñecía e tamén quería felcitar a todos os que participaron na elaboración da alfombra porque quedou preciosa.
ResponderSuprimirA verdade e que estivo unha maña soleada preciosa donde os pequerrechos disfrutaron o grande, Paula díxome cando estábamos preparando o bocadillo que hoxe quería tomar a merenda no parque outra vez.
P.D.: Gracias polas fotos e pola cancion tan acertada.
Que fotos máis fermosísísímassssssssssssss. Eu non puiden ver a alfombra rematada pero quedou preciosa!!. Os nosos pequerrechos disfrutaron un montón, a verdade e que estivo unha mañá preciosa!!
ResponderSuprimirBicos.