domingo 17 de mayo de 2009

LETRAS GALEGAS 2009

Como xa vos dixemos, o pasado venres 15 de Maio celebramos no colexio o Día das Letras Galegas cunha xornada chea de actos.

Pola mañá nada máis chegar marchamos para o Teatro. Os nenos/as de 5 anos foron os encargados de levarnos da man e por parellas. Fixérono moi ben e coidaron de nós, desde aquí dámoslles as GRAZAS. Unha vez que estivemos no Teatro visionamos a segunda parte da película "El bosque animado" en lingua galega.

Xa pola tarde xuntámonos tod@s no patio do colexio. Primeiro dous compañeiros faláronnos de Ramón Piñeiro e despois poidemos disfrutar dos bailes tradicionais galegos que prepararon con esmero as rapazas do grupo de baile de San Adrián xunto coa súa mestra Nuria. Entre elas tiñamos á nosa compañeira Noa, da clase de 5 anos B.
Xa para rematar, estaba previsto cantar entre tod@s o Himno Galego pero a choiva impediunos rematar a xornada según o programado.

E esto foi todo o que, desde o CEIP José Mª Lage, fixemos para conmemorar un día tan importante para a nosa lingua como é o Día das Letras Galegas.

Se queredes ver as fotos deste día, facede clic aquí.

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada