lunes, 25 de mayo de 2009

PARABÉNS JAVIER

Hoxe celebramos o aniversario de Javier. Por iso trouxo un rico biscoito que comparteu cos seus compañeir@s. Coma sempre, houbo coroa, candeas e o tan ansiado "Cumpreanos Feliz.
Desde o noso blogue desexámoslle que cumpra moitos máis.

jueves, 21 de mayo de 2009

MÁIS FOTOS DOS MAIOS




Deixámosvos máis fotos da festa dos Maios. Foron feitas por Marta, a mamá de Javier, e por iso lle damos as grazas. É unha honra ter un mamá fotógrafa na aula.
Pinchade aquí para ver as fotos.

miércoles, 20 de mayo de 2009

OS MAIOS

Como xa sabedes tod@s, hoxe celebramos Os Maios. Dita celebración nace o curso pasado a iniciativa do Asilo de Anciáns de Ortigueira pretendendo que a festa servise de unión interxeracional. Deste xeito celebrouse o I Encontro participando nel os pequerrechos da Galescola, os avós e avoas do Asilo, os rapaces de Aspromor, algún que outro alumno/a do Instituto e por suposto, os nenos e nenas do CEIP José Mª Lage.

Este ano volvimos ás andadas. Fai uns días que preparamos a festa. Estivemos preparando unhas flores moi bonitas que despois as deixamos quedar na baranda da Praza de Isabel II, que foi onde tiveron lugar Os Maios. Tamén recollimos pétalos de flores para poder elaborar unha fermosa alfombra.

A xornada estivo repleta de xogos, música e moi bo ambiente podendo tod@s disfrutar dun soleado día na nosa vila.

Os nosos mestres leváronnos as merendas e tiñánnos preparada unha sorpresa: iamos ir a merendar ao parque e despois poidemos disfrutar dun momento de lecer nos xogos que hai nos Xardíns do Malecón.

Voltamos ao cole moi cansos pero moi contentos e satisfeitos de ter participado por primeira vez(pero non última)na festa dos Maios.

Deixámosvos unhas instantáneas para que vexades cos vosos propios ollos todo o que aconteceu e ademáis podedes velas mellor facendo clic aquí.

P.D.: Xa nos esquecíamos dunha cousa: Tamén nos deron uns ricos caramelos!!!


domingo, 17 de mayo de 2009

LETRAS GALEGAS 2009

Como xa vos dixemos, o pasado venres 15 de Maio celebramos no colexio o Día das Letras Galegas cunha xornada chea de actos.

Pola mañá nada máis chegar marchamos para o Teatro. Os nenos/as de 5 anos foron os encargados de levarnos da man e por parellas. Fixérono moi ben e coidaron de nós, desde aquí dámoslles as GRAZAS. Unha vez que estivemos no Teatro visionamos a segunda parte da película "El bosque animado" en lingua galega.

Xa pola tarde xuntámonos tod@s no patio do colexio. Primeiro dous compañeiros faláronnos de Ramón Piñeiro e despois poidemos disfrutar dos bailes tradicionais galegos que prepararon con esmero as rapazas do grupo de baile de San Adrián xunto coa súa mestra Nuria. Entre elas tiñamos á nosa compañeira Noa, da clase de 5 anos B.
Xa para rematar, estaba previsto cantar entre tod@s o Himno Galego pero a choiva impediunos rematar a xornada según o programado.

E esto foi todo o que, desde o CEIP José Mª Lage, fixemos para conmemorar un día tan importante para a nosa lingua como é o Día das Letras Galegas.

Se queredes ver as fotos deste día, facede clic aquí.

jueves, 14 de mayo de 2009

PARABÉNS DAMIÁN E NEREA

O pasado 12 de Maio o noso compañeiro Damián cumpreu 4 anos. Trouxo un biscoito riquísimo para compartir con tod@s nós e celebrar así o seu aniversario.
E hoxe foi o turno de Nerea que, ao igual que Damián, tamén trouxo outro gran biscoito.
Sopramos as candeas, cantamos o Cumpreanos Feliz e compartimos con eles un día tan especial.
Felicidades aos dous.



miércoles, 13 de mayo de 2009

DIA DAS LETRAS GALEGAS

O día das Letras Galegas celébrase, como xa sabedes, o día 17 de Maio. Aló polo ano 1963, a Real Academia Galega acordou que todos os 17 de Maio se homenaxearía a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en lingua galega ou pola súa defensa de dita lingua. Cada ano adícase a unha persoalidade diferente que é escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta que se esixen polo menos dez anos desde o seu falecemento.

Escolleuse esa data xa que ese mesmo día pero do ano 1863, publicouse en La Habana o primeiro exemplar de "Cantares Gallegos", de Rosalía de Castro, marcando así o inicio do "Rexurdimento" ou renacemento cultural do galego.

Algunhas das figuras homenaxeadas son Rosalía de Castro, Castelao, Curros Enríquez, Álvaro Cunqueiro, Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro, Eduardo Blanco Amor, ...

Este ano o autor homenaxeado é Ramón Piñeiro López.

CANTO TEMPO!!!

Xa pensaríades que nos esqueceramos do blogue!!!
Pois non, acordámonos todos os días pero é que despois da ponte andivemos algo liados xa que estivemos preparando os traballos para a Revista Escolar, que sacará novo número a finais de curso. A verdade é que a nosa aportación quedou moi ben pero non vos imos dicir nada así queda en suspense...
Por outro lado, tamén preparamos o Día das Letras Galegas que, aínda que son o día 17 de Maio, no cole ímolas celebrar o venres día 15 e durante toda esta semana estamos aprendendo moitas cousas do autor homenaxeado este ano.
Tamén este mes temos moitos cumpreanos. Mañá teremos fotos dos dous que celebramos esta semana.
Como vedes non paramos de traballar e de aprender cousas.

P.D.: Por certo, esquecíamos dicirvos que para o Festival de Fin de Curso estamos ensaiando algo moi "guay" que seguro vos vai gustar.