miércoles, 29 de abril de 2009

PONTE

Recordade que o Venres 1 de Maio non haberá clase ao igual que o Luns día 4 do mesmo mes.
Así que a disfrutar destes días de descanso que despois quédanos a recta final.
Pasádeo ben.

martes, 28 de abril de 2009

GRAZAS



Grazas polas vosas visitas, que xa van 2000, e grazas polos vosos comentarios. Grazas polos vosos ánimos, pola confianza que depositades día a día en min, grazas por deixarme os vosos tesouros. Grazas de verdade.

P.D.:Escoitade a canción.

lunes, 27 de abril de 2009

PARABÉNS OU!!!

Hoxe está de cumpreanos Ou e para celebralo trouxo un gran biscoito para compartir con tódolos seus compañeir@s de 3 anos e por eso viñeron á nosa clase os nenos e nenas da profe Susi.
Tamén nos trouxo unhas riquísimas moedas de chocolate!!

jueves, 23 de abril de 2009

DIA DO LIBRO




O 23 de Abril conmemórase o falecemento de 3 escritores: o español Miguel de Cervantes y Saavedra, o inglés William Shakespeare e o cronista Garcilaso de la Vega. Por este motivo a Unesco, no ano 1995, aprobou proclamar o 23 de Abril de cada ano o "Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor".

En España a xornada comezouse a celebrar oficialmente o 7 de Outubro de 1926, en conmemoración do nacemento do autor de "El Quijote".

No 1930, a data trasládase ao 23 de Abril, día do falecemento do citado autor, Cervantes.

Finalmente foi o 15 de Novembro de 1995 cando a Unesco proclamou ese día como o "Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor".

No noso país, este mesmo día, entrégase o Premio Miguel de Cervantes.

Ademáis esta xornada é aproveitada por moitos autores para promocionar o seu último libro. Tamén os editores e libreiros acostuman facer descontos especiais na venta de libros.

Como nota curiosa, dicir que en Cataluña celébrase o Día do Libro de maneira especial ao coincidir coa celebración de "Sant Jordi". É costume que os homes agasallen ás mulleres con rosas e elas a eles con libros.

E todo este rollo para dicirvos que nós tamén celebramos o Día do Libro e por iso coloreamos uns simpáticos marcapáxinas que serán expostos na biblioteca do cole. Tamén neles escribimos o título do conto que máis nos gustou de todos os que levamos para a casa ao longo do curso. Pinchade na imaxe e poderedes ver o noso traballo.

miércoles, 22 de abril de 2009

OS MÉRCORES... BIBLIOTECA

Como xa sabedes tódolos mércores, e xunto coa profe Ana, facemos unha visita á Biblioteca do noso Cole.
Cada semana levamos un conto para a casa para lelo coa axuda de papá e mamá. A nosa profe Cris anótanos nunha ficha o libro que levamos e recórdanos que o temos que traer antes do seguinte mércores para poder levar outro.
Xa sabemos que na biblioteca hai que estar en silencio e que temos que coidar os contos que levamos xa que así os poderemos usar tod@s.
Unha vez que volvemos á aula, gardamos con coidado os contos nas nosas mochilas.
Gústanos moito ir á Biblioteca e ler e escoitar contos!!!

domingo, 19 de abril de 2009

NOVOS BLOGUES

Infórmovos de que no noso espazo adicado aos nosos Blogues Amigos, temos enlazados dous novos blogues.
Un deles, chamado A NOSA CLASE, pertence aos nen@s dunha clase de infantil do CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo e que xunto co seu mestre Jose Carlos ensínannos cousas moi interesantes.
O outro, HABLAPORMIDICEIAGO, é o diario dun neno autista chamado Iago. Só vos digo que merece a pena visitalo e reflexionar sobre o que somos e temos.
Espero que vos gusten.

EXCURSIÓN Á CASA DO QUEIXO

Despois de tanta impaciencia, chegou o tan esperado día da Excursión á Casa do Queixo. A ningún lle importou madrugar, e tod@s moi puntuais estabamos ás 9 no colexio para subirnos ao bus e partir cara o noso destino.
Fixemos unha boa viaxe a pesar da incesante choiva que nos acompañou durante case todo o percorrido.
Unha vez que chegamos á Casa do Queixo, e despois dunha máis que obrigada visita ao servicio, os monitores repartíronnos en diferentes grupos para comezar unha intensa xornada de actividades:
- Visitamos os animais da granxa atendendo moi ben ás explicacións. Poidemos saber cousas das avestruces, ovellas, galiñas, cabras, vacas, cabalos, coellos, ponis...
- Fixemos divertidos xogos.
- Plantamos fresas, perexil e leitugas nuns minis invernadoiros que logo trouxemos para o colexio.
- Elaboramos unhas bruxas da sorte con materiais naturais e de refugallo: landras, garavanzos, fios...
- Aprendimos a cardar e fiar a lá.
- Descubrimos o proceso de elaboración do queixo fresco e agora xa sabemos que ademais do leite necesitamos tamén sal e callo(cuajo).
Á hora do xantar portámonos moi ben e coa axuda dos nosos profes repuxemos forzas para seguir coas actividades que nos quedaban por facer.
Foi unha mágoa cando tivemos que voltar ao bus para emprender a viaxe de volta a Ortigueira, na cal máis dun se quedou durmido, algo normal despois dun longo e atípico día na Casa do Queixo.
Facede clic aquí para ver as fotos.

martes, 14 de abril de 2009

EXCURSIÓN

Xa só queda un día para a excursión e polo tanto imos recordar unhas cantas cousiñas:

1º.- Lembrade que a hora de saída é ás 09:00 h. Sairemos do aparcamento dos autobuses e polo tanto reunirémonos alí.
2º.- Temos que levar roupa e calzado cómodo. Tamén unha gorra(por se sae Lorenzo) ou un chuvasqueiro(tendo en conta o tempo que estamos tendo).
3º.- Levaremos algo para comer a media mañá(coma se fose a merenda para o cole) así como o xantar(Mamis non vos pasedes que só imos un día, non sete).
4º.- Mamás e Papás: as actividades son en interiores así que non vos preocupedes pola choiva. Non nos mollaremos!
5º.- Por se nos mareamos, tomade a pastilla antimareo e levade outra para a volta(a profe encargarase de que a tomen).
6º.- A hora de chegada sempre é aproximada, polo tanto non vos preocupedes se hai algún retraso aínda que procuraremos que non ocurra.
7º.- E por último: traer gañas de desfrutar dun día atípico e de aprender moitas cousas.
8º.- Esta si que é a última: o día anterior temos que deitarnos ben cediño para vir moi pero que moi descansados.

Ata mañá.

domingo, 12 de abril de 2009

A NOSA AXENDA



Imos ensinarvos a Nosa Axenda, a cal consta de tres partes. A primeira delas é o Diario Anecdotario. Nel cada luns contamos e ilustramos o que fixemos durante a fin de semana.



Na segunda das partes sinalamos as Datas Importantes de cada mes: cumpreanos, celebracións, vacacións...




En último lugar temos o Listín Telefónico. Aquí compoñemos os números de teléfono dos nosos compañeiros e compañeiras para poder utilizalos se algún día os queremos chamar para convidalos á nosa casa.






miércoles, 8 de abril de 2009

PREMIO LIMONADA



Pois si, recibimos outro premio de mans da profe Bea e os seus Ratiños. Así de fresco nos chega desde O Rosal e nós desde Ortigueira dámoslles as GRAZAS!!!

Aquí van as normas deste premio:
1. Poñer o logo no post ou no blogue.
2. Nominar alomenos outros 5 bloguess que amosen gran actitide ou gratitude.
3. Asegurarse de enlazar ben ós nominados no post.
4. Facerlles saber que recibiron este premio mediante un comentario no seu blogue.
5. Esparcir o amor e non esquecerse de enlazar a quen che premiou.

E nós imos outorgar o PREMIO LIMONADA a:
1.- Rocío: http://infantilortigueirarocio.blogspot.com
2.- Ana: http://aclasedeana.blogspot.com
3.- Clase de 5ºB do Couceiro Freijomil: http://superquintob.blogspot.com

domingo, 5 de abril de 2009

viernes, 3 de abril de 2009

VACACIÓNS



Recórdovos que o periodo de vacacións é do 4 ao 13 de Abril, ámbolos dous inclusive. Aproveito para desexarvos que pasedes unhas boas vacacións.