lunes, 30 de marzo de 2009

PREMIO AGARIMOSO



Que alegría nos levamos na aula de 3 Anos B cando recibimos este Premio Agarimoso desde Pontedeume. Por iso lle queremos dar as grazas aos rapaces e rapazas de http://superquintob.blogspot.com do CEIP Couceiro Freijomil e tamén queremos mandarlle un bico especial ás Foquiñas e á súa profe Ana Álvarez.

E agora tócanos a nós continuar:

As reglas a cumplir son as seguintes:
1- Facer link co blogue da persoa que cho otorgou
2- Escribir as reglas do mimo no teu blogue
3- Contar 6 cousas aleatorias sobre ti
4- Outorgarlle o mimo a 4 persoas máis e enlazalos
5- Deixarlle un comentario ou aviso a quen llo outorgaras
6- Deixar aos obsequiados saber cando publicaches o post


Unha vez chegado ao punto 3, pois aí van 6 cousiñas sobre min:

- Son unha amante da miña terra, Foz, aínda que no meu corazón levo un pedaciño de Ortigueira.
- Gústame o baloncesto e son a afecionada número un do CB Celtas, que é o equipo de Foz e que ademais formo parte da súa directiva.
- Colecciono almanaques pequeniños e postais.
- Algo que me gusta moito moito é cantar aínda que non o faigo ben. Sei unha morea de cancións pero as que máis me gustan son as rancheiras.
- Outra das miñas paixóns é facer punto de cruz, reláxame un montón.
- O chocolate é a miña perdición.

Os nosos premios agarimosos son para...

1.- Para Mar,http://infantilortigueiramar.blogspot.com , por todo o que me ensina día a día e por facer de "mami" tantas veces. GRAZAS MAR.
2.- Para Ana, http://infantilortigueiraana.blogspot.com, para que non se desanime co blogue. Ánimo!!!
3.- Para Basi, http://infantilortigueirabasi.blogspot.com, porque se non fora por el, non tería creado o blogue. Grazas por aguantarnos tan ben a todas.
4.- Para Mar Polo, http://infantilortigueira.blogspot.com, polos seus apoios e sobre todo pola súa paciencia. Grazas a ti tamén.

lunes, 23 de marzo de 2009

GRAZAS A TOD@S

Os nenos e nenas da profe Cris queremos darvos ás gracias polas MIL visitas que realizastes ao noso blog. Estamos moi contentos de que vos guste e esperamos que sigades visitando o noso peque-espazo internauta e que deixedes moitos comentarios como os que deixastes ata o de agora.

domingo, 22 de marzo de 2009

A HORA DA MERENDA







Como ben sabedes, cada día adicamos un espazo de tempo na nosa xornada escolar á merenda. É un momento distinto e especial xa que marca outro momento moi desexado por tod@s que é o recreo. Pero non por ser distinto e especial deixa de ser importante e nel poñemos en práctica unha serie de hábitos, normas e costumes. Sabemos que para comer temos que estar ben sentados, que temos que tirar na papeleira os papeis ou restos de comida e que temos que deixar o noso sitio limpo e recollido.
Ademais de todo isto, temos un calendario de merendas. Os luns e xoves, levamos bocata; os martes e venres, froita; e os mércores, galletas ou pauiños de pan.

jueves, 12 de marzo de 2009

SEMANA DA PRENSA





Esta semana estivo adicada á Prensa e polo tanto ao longo dela fixéronse diferentes actividades.
Nós destinamos o xoves para aprender algo sobre a prensa. A profe Cris trouxo periódicos á aula pero engañounos un pouco. Resulta que abreu un periódico e púxose a contar o conto do Coelliño Branco. Despois preguntounos se aquelo era un conto e nós dixémoslle que non. Algún dixo que era unha revista pero outro dixo moi rápido que era un "peródoco" e que o lían os maiores. Unha vez que soubemos como se chamaba aquelo que a profe tiña nas mans, preguntounos que sería o que alí se contaba. Uns dixemos que salía fútbol e outros tenis. Cris explicounos que o que podíamos ler eran diferentes noticias, tamén deportivas.
Hoxe coñecimos e manipulamos diversos periódicos como La Voz de Galicia, El Mundo, El Correo Gallego e tamén o periódico local La Voz de Ortigueira no que poidemos ver aos nosos compañeiros de 5º disfrazados de homes prehistóricos.
Despois de falar da prensa, a profe deixounos os periódicos na Biblioteca da aula para que os mirásemos e nós así o fixemos.

BLOG DE PSICOMOTRICIDADE

Xa podedes visitar o Blog da profe Mar, no cal poderedes ir vendo como os vosos fill@s progresan no ámbito psicomotor.
Desde a aula de 3 anos B, queremos darlle a benvida a este mundo blogueiro á profe Mar.

miércoles, 11 de marzo de 2009

PROXIMAMENTE...

Informámosvos que en poucos días abrirase o Blog da aula de 3 anos A. A profe Susi está traballando para que cando se poña en marcha teñades cousiñas nel.

martes, 10 de marzo de 2009

CASA DO QUEIXO

No apartado "WEBS DE INTERESE", deixámosvos o enlace para que vexades A Casa do Queixo, que é a onde iremos de excursión o día 16 de Abril. Xa vos iremos dando máis información en vindeiros días.

NEREA E LORENA


A pasada semana tamén chegou nova ao noso cole, Lorena. Ela está na clase da profe Ana, 4 anos B, e ven de Cariño.
Como Nerea estuvo coa varicela, non veu ata hoxe ao cole e precisamento hoxe poidemos comprobar o moito que se parece a Lorena ou Lorena a ela.
Para que o comprobedes cos vosos propios ollos deixámosvos mostra fotográfica.

BENVIDO ALEX!!


Onte día 9 de Marzo, recibimos a un novo compañeiro. El chámase Alex e chega desde Ferrol. A verdade é que Alex adaptouse a nós tan ben que parece coma se levase no noso cole desde setembro.
Todos e todas lle damos a máis das agarimosas benvidas e desexámoslle que esteña moi a gusto entre nós.

miércoles, 4 de marzo de 2009

NOTA EN RELACIÓN AOS COMENTARIOS

Os comentarios que facedes tardan en publicarse porque primeiro chegan ao meu correo electrónico e despois xa os publico eu.
Gracias.

CUMPREANOS

No que vai de curso algúns cumprimos anos e para celebralo levamos á aula un rico biscoito que compartimos cos nosos compañeiros. Tampouco faltou a gran coroa e o típico "Cumpreanos Feliz". A nosa profe inmortalizou o momento así que aí vos van unhas cuantas fotos. Aínda faltan algunhas pero logo irán.





AGRADECEMENTO

Gracias a todos e todas polas vosas visitas e polos vosos comentarios. Non deixedes de facelo.
E para os meus pequerrechos e pequerrechas, dicirlles que xa estou mellor e que a semana que ven xa estarei con eles outra vez. Traballade moito e sobre todo portádevos ben. Biquiños da vosa profe.