miércoles, 21 de octubre de 2009

NOVO BLOGUE CURSO 2009-2010

Aquí vos deixo a dirección do meu novo blogue:
http://golfinhosdomasma.blogspot.com.

domingo, 23 de agosto de 2009

jueves, 2 de julio de 2009

CHEGOU O MOMENTO

Creo que agora si chegou o momento de dicir adeus. Estiven deixando pasar o tempo porque, se son sincera, non quería enfrentarme a este momento pero o curso rematou e con el remata tamén este blogue. Blogue que comezou sen saber moi ben o que ía resultar pero penso que foi unha idea fantástica e a través del compartimos familia-nenos/as-mestra un montón de vivencias e experiencias.
Douvos as grazas por seguilo día a día, polos vosos comentarios e polos vosos ánimos. Sen vós, pais e nais, non sería posible. GRAZAS.
GRAZAS tamén a vós, os meus peques que tanto me destes sen darvos conta. GRAZAS polos vosos bicos e apertas desinterasados, polos vosos sorrisos, pola vosa inocencia... Non cambiedes nunca. GRAZAS.
E non poido tampouco esquecer aos meus compañeiros. Cada un, á súa maneira, foime dando o mellor de si. GRAZAS polo voso apoio incondicional, pola vosa axuda, pola vosa experiencia e sobre todo polo voso compañeirismo e amizade. GRAZAS Mª DEL MAR, SUSI, BASI, ANA, ROCIO E MAR. GRAZAS DE TODO CORAZÓN.
Marcho de Ortigueira pero podedes estar seguros que todos e cada un de vós ocupades un pedaciño do meu corazón.
Sorte a todos e ata vernos.
Bicos da profe Cris.

INFORMACIÓN

En breves momentos aparecerá unha entrada no blogue que servirá de peche do mesmo pero a miña intención é seguir poñendo cousas nel, non sei se como entradas pero algo máis poñerei.
Seguirá en activo ata o día 31 de Agosto, ese día deixarei de publicar nel aínda que quedará na rede.

lunes, 22 de junio de 2009

ULTIMO DIA DE COLE

Hoxe si que foi o último día. Hoxe si que nos iamos despedir de verdade pero non para sempre.
E por ser hoxe o último día, tiñamos unha xornada chea de sorpresas. Comezamos a mañá cun concerto que nos ofreceu a Escola Municipal de Música, sendo protagonistas algúns dos nosos compañeiros/as de Infantil. Gustounos moito ademais de aprender o nome de algún instrumento que non coñecíamos.
Xa de volta ao cole tiñamos unha SOPRESA. Si, si, unha Sorpresa: os nosos mestres de Infantil tíñannos preparada unha representación teatral, nin máis nin menos que O Coelliño Branco escenificado polos nosos profes. Foi moi gracioso velos a todos metidos no seu papel e vestidos de Coelliño Branco, Can, Boi, Galo, Cabra Cabresa, Formiga Rabiga e un simpático narrador. A todos dámoslles as GRAZAS.
Despois do teatriño a xogar ao patio. Ao final a profe Cris deunos un video que nos preparou con esmero e cariño e no cal recordaba algunha das moitas cousas que fixemos ao longo do curso a través de fotos.
A verdade é que a cousa non puido ser mellor para rematar o curso. Agora vacacións e a descansar que en Setembro hai que volver con gañas de seguir aprendendo.
BO VERÁN A TODOS E TODAS!!!



domingo, 21 de junio de 2009

UN NOVO BLOGUE

Que agradable sorpresa me levei con este novo blogue creado pola mamá de Ismael. Podedes visitalo en http://anamourente.blogspot.com.

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O pasado xoves, tal e como estaba previsto, celebrouse no Teatro de Beneficiencia de Ortigueira o Festival de Fin de Curso. Educación Infantil e 1º ciclo de Educ. Primaria actuaron nun primeiro turno mentres que os alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º fixérono nun segundo turno. Ás 10:30 chegabamos ao teatro para dar comezo a gran actuación. Os primeiros en actuar fomos nós, por ser os máis pequenos. Ataviados cunhas "chulas" camisetas subímonos ao escenario e bailamos mellor que nunca o noso "Popurri das mans". Aplaudíronnos moitísimo porque a verdade é que o fixemos moi pero que moi ben. Despois de nós tocoulles aos compañeiros/as de 4 anos que con moita marcha e cunhas gorras de cores bailaron o Hocky Pocky. A continuación subiron ao escenario os nenos e nenas de 5 anos. Eles prepararon un baile moi moderno para unha canción en lingua inglesa que se titulaba "These boots are made for walking" que quere dicir algo así como "Estas botas están feitas para camiñaar". Fixérono moi ben aínda que algún despistouse un pouco, jejejjeje. Tamén bailaron coa profe de música, Gloria, a canción "Soy una taza". E con esto rematou o turno de Educación Infantil pero aínda quedaban as actuacións de 1º e 2º. "El arca de Noé" ou "Tengo una vaca lechera" foron algunhas das cancións que bailaron os nenos e nenas de 1º. Os rapaces e rapazas de 2º sorprendéronnos cuns recitados e cun fermoso baile ao son da tan actual canción "Colgado en tus manos" interpretada por Carlos Baute e Marta Sánchez. Finalizada a nosa parte voltamos ao colexio. Agora era o turno dos maiores, non puidemos velos pero contáronnos que houbo moitos bailes, teatro... Coma sempre podedes ver as fotos do evento facendo clic aquí e ademais deixámosvos un video da nosa actuación para que comprobedes cos vosos propios ollos o ben que o fixemos.